O traballador social é a porta de entrada de todas as demandas. Xunto co psicólogo valora a situación do usuario en todas
as áreas: persoal, familiar, social, laboral, vivenda, saúde, etc.
Os servizos que ofrece son:
-
Información ás
familias e aos usuarios dos servizos da asociación e de outros servizos externos aos que acudir.
-
Derivación ao
usuario e/ou ás familias aos recursos externos que correspondan para a realización de diferentes prestacións: RAI, axudas familiares, RISGA, ETC.
-
Valoración conxunta
co psicólogo dos servizos apropiados segundo o ditame social que se realiza, levando a cabo actuacións específicas como: visitas domiciliarias e servizo de atención a domicilio, captación de
usuarios e entrevista inicial, etc.