Terapia Ocupacional

 

Conseguir o desenvolvemento de capacidades e ocupacións diarias en distintas áreas:

  • Autocoidado e actividades básicas da vida diaria: poñeranse en marcha programas dirixidos aos/as usuarios/as da asociación no que se refire a todos aqueles aspectos considerados básicos para un adecuado desempeño nas áreas do comportamento relacionadas co autocoidado, competencia persoal, independencia e autonomía. Levaranse a cabo dous programas diferenciados:
    • Actividades básicas ou de autocoidado: aseo persoal e hábitos da vida diaria.
    • Actividades instrumentais ou autonomía: vivenda, manexo social.

Antes de comezar a traballar estas habilidades realizarase unha avaliación previa das actividades que o usuario desempeña ou non na súa vida. A valoración de cada caso iniciase a través da información verbal obtida, tanto por parte da familia, como do usuario. A partir de esta información realizarase un Plan Individualizado de Intervención. Fixaranse á súa vez obxectivos flexibles e realistas, así como unha referencia espacio-temporal.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte