Avaliación, diagnóstico e intervención ante as necesidades educativas dos usuarios/as: A través da entrevista cos usuarios/as e/ou familiares pretende ofrecerse un servizo de atención educativa ao desenvolvemento dende as primeiras etapas da vida para detectar e previr a efectos socio-educativos: discapacidades; inadaptacións funcionais, psíquicas e sociais. Con este obxectivo levarase a cabo:
Información e asesoramento: Este servizo está dirixido a proporcionar á familia unha atención personalizada a través da resolución das súas dúbidas non só con respecto á asociación e ao noso traballo, senón tamén con respecto á discapacidade, ao novo rol de coidador, servizos aos que dirixirse en situacións puntuais, asesoramento profesional e vocacional, etc. Para esta tarefa contarase á súa vez con un traballador/a social.
Coordinación socioeducativa: cooperación e coordinación cos servizos externos á asociación como institucións e organización sociais do entorno do usuario e da súa familia.
Derivación a outros profesionais: En casos nos cales a asociación ACHEGA considere que é precisa unha atención máis personalizada, derivarase ao usuario e á súa familia a outra asociación ou profesional. En estes casos ACHEGA sempre quedará como asociación referente, de modo que o usuario será benvido en todo momento.
Prevención:
Intervención na mellora do acto educativo: Apoio e asesoramento técnico ao educador (escola) e/ou familiar:
Intervención para a mellora das relacións sociais e familiares, así como a colaboración efectiva entre familiares e educadores.
Formación e Asesoramento Familiar
Grupos de autoaxuda de familiares: Ofrecer aos pais/nais un espazo de relación, foro de debate e autoaxuda grazas á constitución de grupos con intereses comúns favorecendo a axuda mutua entre os membros, a aportación de experiencias, dúbidas, inquietudes e estratexias de superación. O obxectivo é favorecer a axuda mutua, a información e o apoio das familias.
O fin último do servizo de psicoloxía clínica e educativa é o de proporcionar aos/ás usuarios/as e ás súas familias as ferramentas necesarias para mellorar o seu benestar físico e emocional, superar obstáculos puntuais así como orientar a todo aquel que o precise para comprender e resolver dificultades.
Colaboración