2015: Xornada de deporte inclusivo

Obxectivos:

  • Concienciar á poboación e ás propias persoas con algún tipo de discapacidade que, independentemente da súa condición psíquica, física ou social, poden levar a cabo deportes e desfrutar do ocio, tempo libre e de lecer. 
  • Xerar un espazo de convivencia para o voluntariado e técnicos, persoas con diversidade funcional e familiares
  • Facilitar un espazo para a reflexión e o descanso onde as familias poidan poñer en común as súas vivencias 
  • Crear un espazo para o voluntariado onde poidan aprender e formarse a través da experiencia directa co deporte adaptado e co colectivo de persoas con diversidade funcional.
  • Proporcionar un espazo onde as asociacións poidan cooperar, crear redes de apoio e aproveitar recursos
  • Fomentar o respecto e tolerancia, independentemente das capacidades, sexo, etc. 
  • Resaltar a importancia do deporte inclusivo para a educación en valores.

 

 

Dito evento será  unha xornada inclusiva onde o deporte, o poder do voluntariado, a formación e a convivencia e conciliación familiar xiren en torno a un ambiente lúdico e de ocio. 

 

 

Actividades da Xornada: 

Padel adaptado

Actividades

Golf adaptado

Tenis de mesa



Slalom


Colaboradores e participantes

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte