Unha mirada ao deporte adaptado

 

 

 

 

É importante que a sociedade coñeza o que é convivir cunha discapacidade, e que comprendan que, coas ferramentas axeitadas calquera persoa independentemente da súa condición física ou psíquica, é quen de alcanzar o benestar.

 

O Proxecto “Achegando o deporte adaptado á mocidade” pretende ser unha campaña de sensibilización e concienciación nos mozos/as, a través da práctica dos distintos deportes adaptados. Asemade, coa práctica de deportes adaptados preténdese traballar a mellora do desenvolvemento persoal: físico (a través da práctica deportiva: psicomotricidade, equilibrio), social (traballo en equipo, entrenamento de habilidades sociais, comunicación) e intelectual (atención, lateralización, adaptación ao medio, linguaxe) 

 

 

 

 

O principal obxectivo deste proxecto é:

  • Crear conciencia na mocidade da nosa comunidade autónoma.

Son obxectivos específicos os seguintes:

 

  • Levar a cabo con persoas sen discapacidade deportes adaptados co obxectivo de que se poñan na pel das persoas con diversidade funcional.
  • Mostrar os mozos e mozas que é o deporte adaptado.
  • Ensinar casos de renome no deporte nacional e internacional para demostrar que si é posible o deporte adaptado.
  • Entrenar e traballar aspectos importantes para o desenvolvemento persoal dos mozos/as: físico, sociais, intelectuais. 

Camiñando coas nosas tradicións

A Asociación Achega ten a misión de contribuír ao crecemento persoal e á integración social e no deporte de persoas con algún tipo de discapacidade, así como á sensibilización da sociedade en xeral. A través do camiño de Santiago e das actividades culturais, o que pretendemos é achegar a actividade física e as actividades culturais á poboación con diversidade funcional e, ao mesmo tempo, fomentar a integración social a través dunha actividade de gran repercusión en Galicia, tanto cultural como social, e da man dun grupo de mozos/as que actuarán como voluntarios/as.

 

A importancia da actuación nas áreas elixidas xurde como unha loita polo benestar físico e social das persoas con diversidade funcional. Así mesmo, pretende ser unha actividade de concienciación para os/as voluntarios/as que participan no proxecto, quen terán a oportunidade de coñecer a cada un/unha dos/as participantes na actividade e compartir con eles/as, non só o camiño de Santiago senón tamén os xogos adaptados populares que se levarán a cabo ao longo deste e nos días previos á andaina. 

 

Os obxectivos que se perseguen con este proxecto son os seguintes:

  • Fomentar o camiño de Santiago adaptado.
  • Crear conciencia e sensibilización social.
  • Fomentar os xogos populares, así como a adaptación dos mesmos ás persoas con diversidade funcional.
  • Achegar ao voluntariado á realidade das persoas con diversidade funcional.
  • Fomentar no voluntariado unha actitude favorable á integración das persoas con diversidade funcional.
  • Dotar ao voluntariado de habilidades en canto á adaptación das actividades para as persoas con diversidade funcional.

¿Que podes facer ti?

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte