MISIÓN

A misión da Asociación ACHEGA é contribuír ao crecemento persoal e a integración social e no deporte de persoas con algún tipo de discapacidade, así como a sensibilización da sociedade en xeral

VISIÓN

Ser unha Asociación consolidada, referente para a comunidade e para a poboación con risco de exclusión social na loita por alcanzar a plena integración social das persoas no territorio Galego.

VALORES

Igualdade: Impulsamos a igualdade como catalizador da estima e a seguridade, atributos clave no crecemento e desenvolvemento persoal.

Solidariedade: Compromiso de cooperación con outras institucións e co ámbito.

Ética: Temos un firme compromiso do deber ser e de respecto cara á lexislación e os principios de integridade, honestidade e transparencia.

Participación: Implicación activa, responsable e construtiva mediante o traballo en equipo.

Mellora continua: Comprometernos cunha sociedade que avanza, que require organizacións dispostas á mellora continua.

 

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte