I Xornadas da diversidade

 

 

 

 

O día 24 de Setembro tivemos o pracer de participar nas I Xornadas da diversidade organizadas pola Federación de ANPAS de Compostela. Durante estas xornadas tivemos a labor de dinamizar a Ludoteca así como dar unha pequena charla de quen somos e que facemos polo deporte adaptado.

A verdade, cando aceptamos a invitación non eramos conscientes do alí se ía a abarcar. Sempre que imos a esta clase de eventos pensamos en diversidade funcional (como nós nos dedicamos a iso....), pero nestas Xornadas, a diversidade abarcouse en todo o seu esplendor. Falouse de inmigración, discapacidade, necesidades educativas específicas etc. Todo enmarcado no ámbito escolar.

 

O obxectivo era presentar o que se está a facer para conseguir da diversidade un aspecto positivo e enriquecedor na sociedade na que vivimos. Pensemos nas aulas de hoxe en día e a diversidade que nelas se atopa (dificultades da aprendizaxe, diferentes nacionalidades, problemas de conducta....) un amplo abanico que non ten que ser negativo, ao contrario, son contextos enriquecedores, e nos que se pode aprender día a día, aínda que para os mestres sexa un constante esforzo por mellorar e estar o día de todas as novas da sociedade.

 

Pola nosa banda, presentamos ACHEGA, e os programas e servizos de sensibilización e concienciación que ofrecemos para as escolas e os mais pequenos. Presentar nas escolas a realidade da diversidade funcional, e que os nenos sintan na súa pel o que moitos dos seus compañeiros viven día a día, é un dos nosos principais obxectivos.

 

 

No inicio desta entrada dixemos que dinamizamos a Ludoteca na que os participantes puideron deixar os pequenos mentres eles estaban na conferencia. ¿e como o fixemos? facendo que esta xirara en torno a diversidade funcional (Xogos cos ollos tapados, cadeiras de rodas, manualidades, etc.) aplicando os nosos coñecementos no lecer dos rapaces, para que ás 14:00 cando saísen pola porta, foran coa idea de que

 

¡Á meta chegamos todos!

Non queremos despedirnos hoxe sen agradecer a:

  • Bea, Iván e Cristina. Os nosos voluntarios que fixeron que a Ludoteca fose un éxito.
  • Álvaro de COGAMI por sempre acordarse de nos cando falamos de diversidade funcional.
  • A Federación de ANPAS de Compostela pola súa invitación.

 

 

¡ESPERAMOSVOS NA SEGUINTE ENTRADA DO NOSO BLOG ONDE FALAREMOS DO PROXECTO DE INICIATIVA XOVE 2016!

Lorena Francisco Lens

 

Psicóloga Educativa, Sanitaria e Coach

 

Secretaria da Asociación Achega

Sonia Rivas Barreiro

 

Pedagoga e monitora de tempo libre.

 

Coordinadora de proxectos e Tesoureira en ACHEGA. 


Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Álvaro LR (martes, 27 septiembre 2016 19:36)

    Moitísimas grazas a vós, e tamén ás persoas voluntarias de ACHEGA que colaboraron para facer que esta Xornada fora un verdadeiro exemplo de diversidade e inclusión.

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte