O camiño dos sentidos

 

 

Agora que estamos a piques de embarcarnos nunha nova aventura relacionada con camiño de Santiago e os Xogos tradicionais pensei en ver experiencias vividas por outros camiñantes. Un día unha compañeira de traballo díxome ¿E non coñeces a "Pitillas e Gerardo"E comecei a investigar 

Un exemplo de superación e ganas de vivir a vida. Por que por o freo se e mellor poñernos metas a conseguir? 

 

Como vemos no documental,  Gerardo era un apaixonado da bicicleta, sordocego (dígoo porqué é un dato crucial, non porque me guste por etiquetas), e tivo a gran sorteademais, de atopar un amigo de verdade. Un amigo que un día lle dixo: E se facemos o camiño? 

 

Así comezou unha aventura que lles levaría de Francia a Santiago, chea de aventuras e, porque non dicilo, tamén con moitas dificultades, seguramente mais das que nos contan en realidade.  

Pero o mais  importante e que non se renderon. Continuaron naquela bicicleta que lles levou a lugares fermosos e xente aínda mais fermosa. Por que e iso o que ten o camiño non? Que te atopas con xente que xamais esquecerás e experiencias que quedarán na túa retina e no teu pensamento para contarlle, quizais os teus netos o día de mañá. 

 

Estou segura , que nunca lles sacaron tantas fotografías coma eses días, nin recibiron tantos ánimos, pero tamén estou segura de que Gerardo nunca experimentou o que nesa viaxe experimentou.  


¿Porque vivir os sons e as imaxes do camiño e non o seu tacto?

Ao igual que eles, nos tamén pensamos o mesmo, cada quen vive o camiño de Santiago e as súas aventuras como quere, como pode.  

 

Cada participante dunha aventura vai sentir cousas diferentes e persoais, pero igual de válidas todas elas.  

E é aí onde ACHEGA pon o seu "graniño de area", en ofrecerlle experiencias e que cada usuario as moldee, e as viva como queira. Somos un pouco "pitillas" e os nosos usuarios un pouco "Gerardo", vivindo novos retos e con mais ganas co primeiro día.  

 

¡Noraboa e grazas Pitillas e Gerardo por servir de inspiración a todos aqueles que creen que existen cousas imposibles! 

 

PD: Non vos perdades este documental cheo de sentimentos e vivenzas. Merece a pena.  

 

Sonia Rivas Barreiro

 

Pedagoga e monitora de tempo libre.

 

Coordinadora de proxectos e Tesoureira en ACHEGA. 

Escribir comentario

Comentarios: 0

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte