O goalball como medio de concienciación

 

 

Cando pensamos en deporte adaptado, sempre pensamos en como adaptar un deporte, sexa cal sexa, para que as persoas con diversidade funcional poidan practicalo. ¿Pero pensamos nas persoas/compañeiras de equipo que terán que traballar man a man con eles? 

Cando comezamos coa andaina de ACHEGA, alá polo ano 2013, comezamos a pensar como concienciarsociedade de como viven o día a día as persoas con diversidade funcional, e mais concretamente na área do deporte. 

Existen unha morea de deportes que encaixarían para cumprir este obxectivo, pero o goalball persoalmente penso que é un dos deportes que máis impacto tivo ata o de agora nos nosos usuarios. 

¿Que é o goalball?

Según a  ONCE "O Goalball é o único deporte paralímpico creado especificamente para persoas cegas e con discapacidade visual, no que participan dous equipos de tres xogadores cada unBasease principalmente no sentido auditivo para detectar traxectoria da pelota en xogo (que leva cascabeis no seu interior) e requireademais, unha gran capacidade espacial para saber estar situado en cada momento no lugar máis apropiado, co obxectivo de interceptar ou lanzar a pelota" 

Dende o primeiro momento que probas este deporte entendes o porqué do seu impacto. Perder totalmente a vista, obrígache a agudizar o resto dos sentidos, pero o principio isto non é tan sinxelo como cremos.  

O arbitro fai soar o primeiro "pitido" e comeza o xogo. Concéntraste e soamente pensas en escoitar os cascabeis, e o fas, Vaia se o fas!, pero hai un problema, a pelota non ven por onde ti pensas. Estíraste o mais que podes co obxectivo de alcanzala, pero esta pasa o teu carón sen darte de conta. Aínda que tamén hai outra posibilidade, a pelota pasa por outro lugar, lonxe, e ti pensas que está pretiño de ti. ASÍ NON HAI QUEN XOGUE! 

 

Sen darte tempo a reaccionar xa che meteron un gol. Agora tócache a ti. O árbitro pásache a pelota, e como podes cóllela disposto o teu lanzamento. ¿Como marcar a traxectoria do tiro? 

 

Vaste facendo cos sons pero agora a concentración ten que ser máxima. A traxectoria e a forza teñen que ser exactas e suficientes para confundir o contrincante. Agora comezamos a falar da túa orientación. Pensas "tes que tirar recto", pero non é doado, non sabes a onde estás lanzando a pelota, soamente esperas ao veredicto do árbitro. 

Pouco a pouco vaste acostumando os sons, a non visibilidade, pero coa inevitable pregunta de ¿E se isto fose sempre así?

 

A experiencia é moi positiva. Dentro de ti comezas a entender que cada quen ten capacidades diferentes, nin mellores nin peores. Que cada un de nos é mais bo en unhas cousas que en outras. Pero o mais importante e que comezas a entender que aínda que coste, ou teñas que percorrer un camiño mais longo todos podemos facelo.

 

Deste xeito, ACHEGA xa comezou a por o seu "graniño" de area na concienciación da sociedade. Así comeza a curiosidade nas persoas de que é o deporte adaptado, de como é vivir día a día con diversidade funcional, e o mais importante, así comeza o sentimento de "TODOS SOMOS CAPACES E Á META PODEMOS CHEGAR TODOS SEXA CAL SEXA A NOSA CONDICIÓN". 

Sonia Rivas Barreiro

 

Pedagoga e monitora de tempo libre.

 

Coordinadora de proxectos e Tesoureira en ACHEGA. 

Escribir comentario

Comentarios: 0

Conecta con nós na rede:

Financiamento


Colaboración

Comparte